jueves, 7 de junio de 2012

Titorial Audacity

Realizar un titorial que nos explique como funciona audacity. Podedes realizalo empregando o procesador de texto: Open office writer ou unha presentación en Open office impress.
Debe incluir imaxes descargadas de internet ou capturas de pantalla.
Debe incluir tamén como mínimo unha ligazón á paxina oficial de audacity e a un lugar donde aparezan recursos de audacity (poden ser outros titoriais, aplicación que empreguen audacity, programas similares, etc)

lunes, 30 de abril de 2012

Grabación de son

Dixitalización de son:
Posto que o son transmítese por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballa con él. Ese é o motivo polo cal un ordenador ha de convertir a sinal analóxica dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do son. Este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xenerar sons.
A dixitalización dun son supón tomar mostras da sinal sonora (muestreo) cada certo tempo (frecuencia de muestreo) e medir a intensidade da sinal analóxica. Cantas máis veces se mida a sinal sonora por segundo, e canto maior  sexa o rango para medir a intensidade, mellor calidade terá o son dixitalizado e máis se parecerá ao son real.
Formatos de son

  • WAV: É o formato estándar; nestos arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.
  • MIDI: Nestos arquivos non se gardan sons reais, senón ordenes para que un sintetizador xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que teñen moita peor calidade.
  • MPS: son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante espazo, con pouca perda de calidade.
  • OGG: Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU
  • WMA: Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows media que vén incorporado en Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet
  • Real Audio: É un formato moi utilizado en internet,ya que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.
Grabacións
Música: Audacity é unha aplicación que permite grabar, editar e gardar os arquivos de audio desde varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está disponible para Windows e para Linux.
Voz: pódese utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluída en todos os programas de edición de son ou vídeo.
CD de audio: Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores.
En Windows, o Reprodutor de Windows Media ofrece a posibilidade de copiar cancións no disco duro con formato wma ou mp3


Tarxeta de son:




































martes, 6 de marzo de 2012

Discos ópticos

CD ROM ,CD-R e CD-RW
-Como calqueira outro dispositivo de almacenamento, para poder ler os datos grabados nun CD é necesario que o ordenador dispoña dun lector de CD-ROM
A calidade dunha lectora de CD-ROM ven determinada, na súa maior parte, pola velocidade d etransferencia da información.
A velocidade de transmisión máxima dunha unidade de CD-ROM obtense multiplicando o número que está delante da "X" por 150 KB/s; así, unha unidade que transmite a 50X tería unha velocidade máxima de 75 000 KB/s.
O CD-R é unha unidade de almacenamento e lectura, xa que permite ler a información contida nun CD, e ademáis, escribir (gardar) a información sobre un CD virxe.
As unidades regrabadoras (CD-RW), ademáis de poder ler e grabar como unha grabadora, son capaces de modificar a información grabada nun disco óptico: borrar arquivos, grabar outros novos...Pero, para que esto sexa posible, o disco CD debe ser tamén regrabable, posto que, do contrario, a unidade só podería grabar unha única vez nel.
O funcionamento dest tipo de unidades, baséase nun láser triple: o máis potente é o de escritura, o de intensidade media é o de borrado e o menos potente o de lectura.
Así, por exemplo, unha unidade grabadora de CD 16X, 8X, 48X, graba a unha velocidade de 16X; a velocidade coa que escribe nun CD regrabable é de 8x, e a velocidade de lectura é de 48x.
DVD-ROM
Son físicamente semellantes aos CD-ROM, pero a súa capacidade é moitisimo maior (ata 17 GB).
Aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias capas superpostas.
O seu láser é distinto e ten un segundo láser que permite a lectura de CD-ROM.
DVD grabables e regrabables
DVD-R: discos que permiten unha soa grabación, poden ser dunha capa (4,7 GB) ou de doble capa (8,5 GB).
DVD-RW: discos que permiten ser grabados varias veces.
DVD+R: similares aos DVD-R, pero con máis compatibilidade respecto aos DVD-ROM e DVD.
DVD+RW: discos regrabables similares aos DVD-RW, pero coa compatibilidade dos DVD+R.
Blu-Ray Disc
É un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade. A súa capacidade de almacenamento chega a 25 GB por capa.
O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul cunha lonxitude de onda de 405 nanómetros, a diferenza do láser vermello utilizado en lectores de DVD, que ten unha lonxitude de onda de 650 nanómetros. Isto, xunto con outros avances tecnolóxicos, permite almacenar substancialmente máis información que o DVD nun disco das mesmas dimensións e aspecto externo. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser (blue ray significa "raio azul"). A letra e da palabra orixinal blue foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar para un nome comercial unha palabra común.

martes, 28 de febrero de 2012

Conexión de redes

-Redes inarámicas: nas redes inarámicas, tamén denominadas Wifi, os usuarios conéctanse sen as limitacións que impón un cable, xa que os seus datos trasmítense polo aire.  
As tecnoloxías que permiten as conexións sen cables encóntranse en contínua investigación, e baséanse  tanto en  ondas de radio como en microondas para transmitir a información.

-Conexión a través da liña telefónica cun router: Este dispositivo (router), tamén chamado enrutador, permite unir ordenadores (ten conectores RJ45) coma se fora un hub ou switch.Pero esta non é a súa única e principal función, posto que un router é capaz de buscar o camiño para por en contacto dous ordenadores que queiran conectarse. Este último é o motivo polo que existen router ADSL que permiten realizar as conexións a internet a través da liña telefónica.
-Conexión a través de cable cun cable-módem: con este tipo de conexión conseguense altas tasas de transmisión. O inconvinte deste tipo de conexión é que necesita unha infraestructura nova que non e todas as zonas xeográficas está dispoñible. A conexión non se establece directamente entre usuario e proveedor, se non que trátase dunha conexión multipunto, na cal moitos usuarios comparten o mesmo cable, motivo polo que disminúe a taxa de transferencia a medida que se conectan outros usuarios ao mesmo cable. Para poder realizar a conexión a través de cable, ademáis de dispor de cobertura, é necesario un módem-cable.
Aínda que un cable-módem modula/demodula a información como un módem convencional, tamén realiza funcións semellantes ás dunha tarxeta de rede, posto que o cable-módem conéctase directamente cun Sistema de Terminación de Módem Cable,pertencente á compañía e son con él poderáse realizar a transferencia.
-Conexión vía satélite: a conexión vía satélite é outra alternativa para acceder a internet; a intención é que o usuario aproveite a alta velocidade de conexión vía satélite para recibir grandes bloques de información, e que empregue calqueira outra conexión terrestre para a petición de páxinas, o envío de correos electrónicos..., que representen un volumen pequeno de información.
Esta tecnoloxía está en desuso pola súa velocidade frente a outros sistemas cableados, e o seu emprego está quedando reducidos en luegares ou situacións onde por razóns xeográficas,aislamento, etc. non hai posibilidade de empregar outro tipo de conexión.

jueves, 23 de febrero de 2012

Topoloxía dunha rede

Rede en anel. Trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores están conectados a ela. A información circula nun sentido e o ordenador analiza si él é o destinatario; se non fora así deixará pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente.Trátase dunha rede bastante estable e cunha alta tasa de transferencia de información.


Rede en estrela.Os ordenadores non están unidos directamente entre eles, senón que o fan a través dun dispositivo específico.Trátase dunha rede moi estable, segura e cunha velocidade de transmisión alta. Nestas rede empréganse cables de tipo UTP.








Os dispositivos que se poden empregar para interconectar todos os ordenadores dunha rede en estrela son os seguintes:
-Un concentrador ou hub; a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo, e actúa de ponte entre todos eles; cando un ordenador envía información; o concentrador reenvía a todos, para que o destinatario a tome e resto a deseche.
-Un conmutador ou Switch; ao que un hub, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademáis, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non reenvía a información a todos eles, sino que só ao destinatario, evitando deste modo sobrecargar a rede e as colisións de datos.

Redes

Unha rede local é un conxunto de ordenadores conectados entre sí, coa finalidade de compartir recursos e información.Todos os ordenadores e dispositivos dunha rede están conectados físicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre realízase a través da tarxeta de rede.
Ademáis desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software adecuado, denominado software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede.
O protocolo máis empregado era Ethernet, aínda que cada vez é máis frecuente empregar o protocolo TCP/IP; as redes que empregan este protocolo denomínanse intranet.




Os tipos de cable de rede son os seguintes:
-Cableado coaxial: trátase dun cable que está formado por un hilo conductor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta moi económico e pode alcanzar velocidad de transmisión media. A conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.




-Cableado UTP: este cable está constituido por catro pares de hilos dentro dunha mesma camisa, cada par de hilos está trenzado para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Resulta moi económico e permite alcanzar unha boa velocidade de transmisión, emprega conectores RJ-45.


-Cableado de fibra óptica: a fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estos cables constan de dous fios de fibra de vidro protexidos por fibras de kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu coste é alto, permiten alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan conectores ST de fibra óptica.



miércoles, 15 de febrero de 2012

Memorias flash

As características máis sobresaíntes destes dispositivos son o seu reducido tamaño e a non necesidade dunha pila ou batería que suministre a enerxía á memoria para manter a grabación. Iso sí, a vida dunha memoria flash non é definida: se cifran entre 100 000 e 1 000 000 as veces que se poderá grabar información nela.
A memoria flash está constituida por celas nas que se garda a información que se quere almacenar.Cada cela é coma un transistor convencional, pero cunha porta adicional que é a encargada da carga de información. A memoria flash non é unha memoria RAM, posto que neste caso necesitaría enerxía de forma permanente para non perder os datos.
A causa de que non sexa perpetua está, sobre todo, no desgaste que sofre cada cela ao grabar e borrar a súa información

lunes, 13 de febrero de 2012

Discos magnéticos

  • Os discos duros están formados por un conxunto de discos apilados cun exe común; entre eles están situadas as cabezas de lectura-escritura de maneira que se podan ler e escribir nas dúas caras de cada disco.
  • A información almacénase en cada unha das superficies magnéticas de un disco; o número de discos e a composición do material magnético determinan a capacidade do disco duro, sendo habitual os discos duros de 200, 400, 500 GB ou 1TB.
         Os máis empregados son os discos IDE (EIDE); esta tecnoloxía permite conectar ata 4 discos magnéticos                                         con capacidades de GB.
         Na velocidade de transferencia de datos: ATA, Ultra-ATA, Ultra DMA, Ultra DMA-66, Ultra DMA 100...


    Monitores

    • A fercuencia indica o número de veces, que amosa as imaxes nun segundo; un valor baixo de frecuencia implicará que a imaxe vibre e que a vista teña que eforzarse máis do habitual
    • Depende do número de puntos e do número de cores inflúe na calidade da imaxe. Estes dous parámetros obrigan a que, tanto a tarxeta  de vídeo coma o monitor sexan compatibles, porque do contrario, a imaxe non se vería ou saldría deforme.
    • A resolución dun monitor indícase empregando a seguinte nomenclatura: 1024 x 768, que ha de interpretarse como 1024 columnas es 768 filas; e nese caso a imaxe terá 786432 píxeis.
    • Para que unha imaxe se amose cun número determinado de cores, necesítase unha cantidade de bits que den a información de cada píxel. A relación equivale a que o número de bits son iguais a 2 elevado ao número de bits por píxeis.
    • A velocidade de creación de  imaxes so depende do microprocesador gráfico propio da tarxeta de vídeo, e non da cantidade de memoria RAM gráfica, que afecta á resolución e ao númeor de cores que poden activarse.

    jueves, 9 de febrero de 2012

    Monitores

    • Monitores CRT: o seu  funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía ata a pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar cunha superficie de material fosforescente situada na parte inferior da pantalla, a ilumina, formándose imaxes. As imaxes están constituidas por un número de píxeles.


    • Pantallas LCD: empregan millóns de celdas de cristal líquido que se polarizan e permiten o paso de determinados raios, que compoñen a imaxe no monitor.




    • Pantallas TFT: están constituidas por unha matriz de millóns de puntos; cada un é un transmisor que actúa de forma independente, e o conxunto de todos eles forma unha imaxe de alta calidade.


    • Monitores de plasma: son, tamén, monitores planos, habitualmente de grandes dimensións, baseados no empergo dun gas (plasma) que, en cada un dos píxeis da pantalla, adquire a cor, brillo, etc. necesarios para conformar a imaxe.

    • Monitores Led:a diferenza dos monitores LCD, os Led empregan a retro iluminación por Led en vez de lampadas fluorescente.Disminuen o consumo e ademáis contaminan menos.Tamén teñen unha resolución FULL HD, facendo que as cores, as imaxes, o contraste...sexan máis nitidos e vivos. 

    miércoles, 8 de febrero de 2012

    Dispositivos de entrada

    • Lector de códigos de barras: Son un conxunto de líneas verticais de color negro que teñen distintos grosores. Soen empregarse en supermercados, almacenes, tiendas,etc., para identificar os productos. Un lector de código de barras é un dispositivo capaz de ler e interpretar dita secuencia de barras, permitindo ao ordenador identificar o producto, e obtindo información acerca del.


    • Escáner: É un dispositivo que permite introducir información desde documentos en papel. A calidade dun escáner mídese en ppp ou dpi, unidade que indica o número de puntos que toma de cada pulgada.



    • Lectores de bandas magnéticas: O emprego de bandas magnéticas está cada día máis estendida. Os lectores de bandas magnéticas son dispositivos capaces de ler a información gravada na devandita banda.


    • Pantallas táctiles:ademais de mostrar a información, ofrecen a posibilidade de introducir información con só situar ou dedo na superficie.



    • Tablet pc:constitúen a última evolución dos portátiles ou das PDA, soen ter unha pantalla de 10'', e sirven para introducir datos como unha PDA.