martes, 6 de marzo de 2012

Discos ópticos

CD ROM ,CD-R e CD-RW
-Como calqueira outro dispositivo de almacenamento, para poder ler os datos grabados nun CD é necesario que o ordenador dispoña dun lector de CD-ROM
A calidade dunha lectora de CD-ROM ven determinada, na súa maior parte, pola velocidade d etransferencia da información.
A velocidade de transmisión máxima dunha unidade de CD-ROM obtense multiplicando o número que está delante da "X" por 150 KB/s; así, unha unidade que transmite a 50X tería unha velocidade máxima de 75 000 KB/s.
O CD-R é unha unidade de almacenamento e lectura, xa que permite ler a información contida nun CD, e ademáis, escribir (gardar) a información sobre un CD virxe.
As unidades regrabadoras (CD-RW), ademáis de poder ler e grabar como unha grabadora, son capaces de modificar a información grabada nun disco óptico: borrar arquivos, grabar outros novos...Pero, para que esto sexa posible, o disco CD debe ser tamén regrabable, posto que, do contrario, a unidade só podería grabar unha única vez nel.
O funcionamento dest tipo de unidades, baséase nun láser triple: o máis potente é o de escritura, o de intensidade media é o de borrado e o menos potente o de lectura.
Así, por exemplo, unha unidade grabadora de CD 16X, 8X, 48X, graba a unha velocidade de 16X; a velocidade coa que escribe nun CD regrabable é de 8x, e a velocidade de lectura é de 48x.
DVD-ROM
Son físicamente semellantes aos CD-ROM, pero a súa capacidade é moitisimo maior (ata 17 GB).
Aproveitando as dúas caras do disco e almacenando, en cada cara, información en varias capas superpostas.
O seu láser é distinto e ten un segundo láser que permite a lectura de CD-ROM.
DVD grabables e regrabables
DVD-R: discos que permiten unha soa grabación, poden ser dunha capa (4,7 GB) ou de doble capa (8,5 GB).
DVD-RW: discos que permiten ser grabados varias veces.
DVD+R: similares aos DVD-R, pero con máis compatibilidade respecto aos DVD-ROM e DVD.
DVD+RW: discos regrabables similares aos DVD-RW, pero coa compatibilidade dos DVD+R.
Blu-Ray Disc
É un formato de disco óptico de nova xeración de 12 cm de diámetro (igual que o CD e o DVD) para vídeo de gran definición e almacenamento de datos de alta densidade. A súa capacidade de almacenamento chega a 25 GB por capa.
O disco Blu-ray fai uso dun raio láser de cor azul cunha lonxitude de onda de 405 nanómetros, a diferenza do láser vermello utilizado en lectores de DVD, que ten unha lonxitude de onda de 650 nanómetros. Isto, xunto con outros avances tecnolóxicos, permite almacenar substancialmente máis información que o DVD nun disco das mesmas dimensións e aspecto externo. Blu-ray obtén o seu nome da cor azul do raio láser (blue ray significa "raio azul"). A letra e da palabra orixinal blue foi eliminada debido a que, nalgúns países, non se pode rexistrar para un nome comercial unha palabra común.

No hay comentarios:

Publicar un comentario