O rap que escoito a miúdo é rap español, pero tamén escoito rap en inglés, francés...
Dentro do rap francés hai unha cantante que me gusta moito e chámase Keny Arkana.
Keny Arkana nace o 20 de decembro de 1982. Marsellesa, orixinaria de Arxentina, vive unha infancia axitada na que é internada en numerosos fogares de acollida, dos que se escapa en varias ocasións.
Keny Arkana fálanos, a través dos seus escritos, dos seus males na vida, e tamén da súa visión do mundo, o que lle supuxo verse asimilada pola esfera de influencia altermundialista, anticapitalista, revolucionaria e anticolonialista do rap francés.
Keny Arkana empeza a rapear os seus primeiros textos aos doce anos
