Posto que o son transmítese por ondas analóxicas, o ordenador non é capaz de traballa con él. Ese é o motivo polo cal un ordenador ha de convertir a sinal analóxica dos sons en sinal dixital, proceso que se denomina dixitalización do son. Este proceso repítese en sentido contrario cando é o ordenador o que ha de xenerar sons.
A dixitalización dun son supón tomar mostras da sinal sonora (muestreo) cada certo tempo (frecuencia de muestreo) e medir a intensidade da sinal analóxica. Cantas máis veces se mida a sinal sonora por segundo, e canto maior sexa o rango para medir a intensidade, mellor calidade terá o son dixitalizado e máis se parecerá ao son real.
Formatos de son
- WAV: É o formato estándar; nestos arquivos almacénanse sons reais en forma dixital.
- MIDI: Nestos arquivos non se gardan sons reais, senón ordenes para que un sintetizador xere a música. Ocupan bastante menos espazo que os arquivos de son real, aínda que teñen moita peor calidade.
- MPS: son análogos aos WAV, aínda que almacenan o son real comprimido, polo que ocupan bastante espazo, con pouca perda de calidade.
- OGG: Formato de audio comprimido de gran calidade e sen limitacións de distribución, posto que está baseado na licenza pública xeral de GNU
- WMA: Estes son os arquivos de audio do reprodutor de Windows media que vén incorporado en Windows; son arquivos comprimidos con boa calidade de son. Teñen a particularidade de escoitarse a medida que se van recibindo os ficheiros, algo fundamental para internet
- Real Audio: É un formato moi utilizado en internet,ya que a súa principal característica é que se vai reproducindo a medida que se le, en tempo real.
Música: Audacity é unha aplicación que permite grabar, editar e gardar os arquivos de audio desde varias fontes diferentes e en distintos formatos. Está disponible para Windows e para Linux.
Voz: pódese utilizar o Gravador de son que inclúe o sistema operativo. Esta utilidade adoita estar incluída en todos os programas de edición de son ou vídeo.
CD de audio: Para extraer a música dun CD de audio haberá que recorrer a programas específicos de extracción de audio dixital, coñecidos como ripeadores.



