Unha rede local é un conxunto de ordenadores conectados entre sí, coa finalidade de compartir recursos e información.Todos os ordenadores e dispositivos dunha rede están conectados físicamente mediante un cableado que os percorre un a un; a conexión deste cable a cada ordenador depende do tipo de cable empregado, pero sempre realízase a través da tarxeta de rede.
Ademáis desta tarxeta, é necesario que todos os ordenadores dispoñan do software adecuado, denominado software de rede, que permita compartir os dispositivos conectados á rede.
O protocolo máis empregado era Ethernet, aínda que cada vez é máis frecuente empregar o protocolo TCP/IP; as redes que empregan este protocolo denomínanse intranet.
Os tipos de cable de rede son os seguintes:
-Cableado coaxial: trátase dun cable que está formado por un hilo conductor central, protexido das correntes eléctricas externas por unha malla de cobre. Este cable resulta moi económico e pode alcanzar velocidad de transmisión media. A conexión ás tarxetas de rede realízase mediante conectores BNC. Actualmente está en desuso.
-Cableado UTP: este cable está constituido por catro pares de hilos dentro dunha mesma camisa, cada par de hilos está trenzado para evitar a interferencia eléctrica dos outros pares. Resulta moi económico e permite alcanzar unha boa velocidade de transmisión, emprega conectores RJ-45.
-Cableado de fibra óptica: a fibra óptica transporta pulsos de luz a través de pequenas fibras de vidro, polo que non lle afectan as correntes eléctricas externas. Estos cables constan de dous fios de fibra de vidro protexidos por fibras de kevlar e capas de plástico. Aínda que o seu coste é alto, permiten alcanzar velocidades de transmisión moi elevadas e a súa lonxitude pode ser moi extensa; necesitan conectores ST de fibra óptica.



No hay comentarios:
Publicar un comentario